CRTVG

Buscar

Feijóo: "Galicia desenvolverá unha intelixencia artificial ética e fiable"

Publicado o 11/06/2021 15:11

Feijóo di que a intelixencia artificial é unha prioridade do Goberno galego, que vai aumentar un 25 % o número de empresas e crear mil empregos ao ano ata 2030. Pero canda os 330 millóns en fondos públicos e o alento ao nodo galego de intelixencia artificial promete normas que protexan os dereitos dos cidadáns na liña das actas europeas de mercados e servizos dixitais.

"Imos impulsar as condicións precisas para o desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e fiable. Esta estratexia galega persegue con afán o uso da intelixencia artificial en favor da cidadanía, das nosas empresas e tecido produtivo, das nosas capacidades docentes e de formación de talento".

O presidente da Xunta di que a intelixencia artificial vai afectalo todo pero non pode ir contra a nosa forma de vivir. A intelixencia artificial vai poñer no mercado un 20 % máis de produtos novos e aumentará un 50 % o número de profesores nesta materia.

Noticias web

11/06/2021