CRTVG

Buscar

Feijóo: "Fronte a un delito continuado é preciso un indulto continuado"

Publicado o 31/05/2021 15:27

Alberto Núñez Feijóo tamén fixo referencia este luns aos indultos do 'procés'. Segundo dixo, é a primeira vez que non se cumpre ningún dos requisitos necesarios para a súa concesión, sobre todo, cando o Goberno catalán insiste en que o obxectivo da nova lexislatura é a independencia.

"Estamos ante un delito continuado que requirirá, supoño, que o Consello de Ministros se reúna cada venres e faga un indulto cada semana. Porque fronte un delito continuado é preciso un indulto continuado", asegurou.

Para o presidente da Xunta, estamos nun contexto "de degradación das nosas institucións" e "creo que iso non debemos aceptalo".

Noticias web

31/05/2021