CRTVG

Buscar

Feijóo: "Este non será un verán normal. Haberá restricións"

Publicado o 10/06/2021 17:47

Chamamento á responsabilidade de Alberto Núñez Feijóo, sobre todo para os máis novos, nesta nova etapa de maior apertura na hostalería e de eliminación de límites ás reunións. A Xunta xa traballa no novo marco de restricións que quere poñer en marcha este mes, pero o presidente xa avanza que non será un verán prepandemia. "Este verán vai haber restricións. Non é posible, na miña opinión, dicir dende unha administración responsable que o verán do 2021 será normal".

E chamamento tamén os maiores de 60 anos que non recibiron a vacinas. As 11.600 persoas que están nesta situación van ser chamadas estes días para ser vacinadas a vindeira semana. "Pedimos que estean atentas a esa notificación telefónica, porque se vai producir nas próximas horas. Agardamos resolver a respesca de todos os maiores de 60 anos para que teñamos a poboación diana completa nesa faixa de idade".

Noticias web

10/06/2021