CRTVG

Buscar

Feijóo enxalza a expedición ao Ártico, que parte este venres desde Vigo a Groenlandia

Publicado o 08/09/2021 18:58

Cinco mulleres que superaron o cancro navegarán dende Vigo ata o Círculo Polar Ártico para mandar unha mensaxe de resistencia a todas as mulleres que pasaron ou pasan esta enfermidade. É unha iniciativa de Seguros Pelayo que xa leva sete edicións e na expedición deste ano ondeará a bandeira de Galicia, de onde partirá o barco para percorrer 2.500 millas entre augas extremas e icebergs. Antes de saír o presidente da Xunta trasladoulles a súa admiración por asumir este reto.

Noticias web

08/09/2021