Feijóo e os conselleiros doan o 30% da súa nómina
Publicado o 06/04/2020 14:56
O presidente da Xunta e todos os conselleiros doarán o 30 por cento da súa nómina de abril á loita contra o coronavirus e en solidariedade, din, coas persoas que están perdendo os seus ingresos. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo nun chío, en que tamén agradece as doazóns económicas e de material que están a realizar empresas, institucións e particulares.
Ante o elevado número de chamadas que están a recibir para facer donativos, a Xunta acaba de crear un correo electrónico para que todo o que o desexe poida facer a súa contribución.
Noutro chío, o presidente di que son esixentes co Goberno cando cren que chega pouco material a Galicia, pero que hoxe queren recoñecer que a Xunta acaba de recibir case 58.000 tests.