CRTVG

Buscar

Feijóo e Gonzalo Caballero volven enfrontarse na cámara polo expediente do xinecólogo de Verín

Publicado o 10/12/2020 17:38

O socialista Gonzalo Caballero levou hoxe ao Parlamento o caso dun xinecólogo, que ten aberto un expediente pola denuncia dunha compañeira por trato vexatorio. Di Caballero que o expediente ten motivacións políticas porque ese xinecólogo defendeu publicamente o mantemento do paridoiro de Verín.

O presidente da Xunta lamentou esa dúbida sobre a independencia do inspector, ademais de defender o dereito da muller a denunciar.

Noticias web

10/12/2020