CRTVG

Buscar

Feijóo e Almuíña piden o mesmo trato no Corredor Atlántico ca no Mediterráneo

Publicado o 17/02/2021 15:32

Alberto Núñez Feijóo e Jesús Vázquez Almuíña quéixanse de que o Goberno central ignore os estudos sobre a saída ferroviaria cara a Portugal, xa feitos pola Xunta e o Ministerio, para atrasar o proxecto. Piden o mesmo trato no Corredor Atlántico ca no Mediterráneo. 

O presidente da Xunta calcula que coa saída sur ferroviaria pola Plisan, o porto de Vigo aumentaría un 6 % a súa actividade.

"No Corredor Atlántico de Mercadorías hai dúas infraestruturas neurálxicas: a saída sur de Vigo e acceso ao porto exterior da Coruña. Saída sur de Vigo con acceso a Bouzas sen molestar a cidade, en túnel", dixo.

Preócupalle tamén a Alberto Núñez Feijóo que a frota viguesa que pesca nas Malvinas se vexa na obriga de descargar no Reino Unido polo brexit.

"Se a pesca vai someterse a aranceis entre o 6 % e o 8 % por chegar a un porto comunitario como é Vigo, imos ter un problema de competitividade", asegura.

Feijóo comprometeuse nesta reunión con Almuíña a apoiar e financiar o proxecto de humanización do porto de Vigo polo Berbés ata Bouzas.

Noticias web

17/02/2021