Feijóo dille a Sánchez que "os españois non lle debemos nada aos independentistas"
O presidente da Xunta pídelle a Pedro Sánchez que non se humille e humille con el aos españois por tramitar o indulto para os independentistas cataláns condenados polo Tribunal Supremo e que nin sequera están arrepentidos
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "É posible que o presidente do Goberno, o Señor Sánchez, lles deba moito aos independentistas, pero a maioría dos españois non lles debemos nada. Polo tanto, o Señor Sánchez non pode pagarlle aos independentistas cun patrimonio que é de todos os españois. Que non se humille, porque se se humilla, ao final, humillámonos todos, e eu creo que non paga a pena humillarse ante xente que non está disposta a pedir perdón e, adicionalmente, a comprometerse a non volver delinquir, ao contrario".