CRTVG

Buscar

Feijóo di que os empendedores serán "claves" na recuperación económica

Publicado o 25/05/2020 14:50

Agora é máis necesario ca nunca, di o presidente, dixitalizar as pequenas e medianas empresas, especialmente no rural, reforzar o comercio por Internet ou buscar solucións que faciliten o teletraballo. Tamén, asegura Alberto Núñez Feijóo, aproveitar a economía da pandemia para fabricar os produtos máis demandados por mor da COVID-19, como máscaras ou xeles, pero hai moitos máis.

"Paneis, adhesivos, sinalizacións e produtos de biomedicina que nos dan esperanza de que parte da economía da COVID-19 queden nos sectores productivos galegos", explica Feijóo.

O presidente da Xunta afirma que os emprendedores serán claves para a reactivación económica e social tras a pandemia.

Noticias web

25/05/2020