CRTVG

Buscar

Feijóo di que o goberno firme para a cidade de Ourense é a coalición PP-PSOE

Publicado o 16/12/2020 16:47

Alberto Núñez Feijóo referiuse á situación da cidade de Ourense e dixo que o único goberno estable para este concello pasa por unha coalición PP-PSOE, que xuntan maioría absoluta. Todas as demais fórmulas, defendeu, supoñen alongar o bloqueo.

"Se o Partido Socialista acepta, nós podemos establecer un goberno de coalición. Se o Partido Socialista se empeña en gobernar de forma minoritaria, sen garantías e sen maiorías, volveremos á situación de colapso que vive neste momento a cidade. Pasar de colapso A a colapso B non creo que sexa a alternativa de Ourense", afirmaba o presidente da Xunta.

Noticias web

16/12/2020