CRTVG

Buscar

Feijóo non descarta endurecer as restricións tras o megagromo de Mallorca

Publicado o 29/06/2021 15:01

• O presidente da Xunta censura o "ocio descontrolado" e os botellóns

 

 

Sobre este gromo falou esta mañá o presidente da Xunta. No caso dun aumento da incidencia por mor destes contaxios, Alberto Núñez Feijóo dixo que non se descartan máis restricións nas zonas onde sexa preciso. Feijóo pediu paciencia aos mozos, porque aínda non hai vacinas para eles, e lémbralles que os botellóns están prohibidos. 

Co virus activo e a variante delta circulando aumentan as posibilidades de contaxio. Apuntouno o presidente da Xunta, que dixo que os organizadores da festa multitudinaria en que participaron os estudantes na illa balear incumpriron o protocolo. Advertiu de que o ocio descontrolado supón un contaxio seguro nun momento en que aínda non se dispón de vacinas para a poboación nova. 

Precisamente sobre as restricións, o presidente do Goberno galego dixo que se poderían endurecer no caso dun aumento da incidencia. Núñez Feijóo lembrou que os botellóns están prohibidos e pediu a colaboración da Policía Local para impedilos. 

Noticias web

29/06/2021