CRTVG

Buscar

Feijóo destacou na inauguración do congreso a unidade e a fortaleza do PP

Publicado o 16/07/2021 22:51

Alberto Núñez Feijóo asegura que a candidatura encabeza para liderar o partido por quinta vez combina xuventude, experiencia e as distintas realidades de Galicia cun denominador común: xenerosidade e ilusión. E así resumía a decisión de optar á reelección.

E defendeu que este non é un congreso de perdedores, senón de propostas para construir a Galicia do futuro. Feijóo propúxolles aos compromisarios que na votación deste sábado do novo equipo nomeen presidentes de honra do PPdeG a Romay Beccaría e a Mariano Rajoy.

O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, fichou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que leva dous meses militando no PPdeG, para a súa nova dirección e será coordinador da área sanitaria.

Noticias web

16/07/2021