CRTVG

Buscar

Feijóo destaca a Pardo Bazán como figura de encontro entre Galicia e Madrid

Publicado o 29/04/2021 21:32
Feijóo destaca a Pardo Bazán como figura de encontro entre Galicia e Madrid

Madrid acolleu hoxe un dos numerosos actos que se organizan este ano polo centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Na Casa de Galicia celebrouse este serán unha mesa redonda sobre a importancia de Galicia e Madrid na vida e na obra da escritora, que foi tamén a primeira muller cronista da capital. No coloquio participaron expertos en Pardo Bazán, abriuno o alcade da cidade e clausurouno o presidente da Xunta.