CRTVG

Buscar

Feijóo defende o "papel unificador" da Coroa no acto da Translación

Publicado o 30/12/2020 14:22

Primeira misa na catedral renovada para celebrar a festividade da Translación e a ofrenda ao Apóstolo. Da invocación encargouse o presidente da Xunta, que, como representante do Rei, defendeu o papel unificador da Coroa.

"Costume e innovación, permanencia e cambio, danse cita nesta institucións constitucional refrendada polo pobo que encarna a permanencia e a harmonía da nación", dixo Alberto Núñez Feijóo, que avanzou etapas duras polo camiño que deixa a pandemia, e apelou á unión de Europa para superalas. "A mesma Europa que agora está a facer un esforzo sen precedentes para minorar as consecuencias económicas e sociais da crise que se aveciña", afirmou.

Na resposta-homilía, o arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, animou a coidar a saúde espiritual, amais da física: "Non debemos ser meros espectadores. Estamos chamados a ser construtores da sociedade segundo o plan de Deus; superando odios e rexeitando calquera tipo de violencia. 

A próxima celebración na catedral, mañá ás catro e media, despois de abrir a Porta Santa.

Noticias web

30/12/2020