Feijóo defende a xestión en Sanidade e di que se destina máis presuposto ca nunca
A oposición denuncia recortes en orzamentos e persoal. O presidente da Xunta négao e di que a situación "é boa, aínda que mellorable"
Debate áspero no Parlamento á conta da sanidade pública. Goberno e oposición intercambiáronse reproches.
O presidente da Xunta defendeu con cifras a súa xestión. Cualifícaa de boa, aínda que mellorable. E destaca que se destina á sanidade máis presuposto ca nunca. Tamén lembra que hai máis xente traballando e aludiu ao novo contrato de tres anos para médicos que acceden ao Sergas. Feijóo acusa o BNG, PSdeG en En Marea de saltar a legalidade do Parlamento ao crear unha comisión de investigación sanitaria alternativa. Chamouna "bolivariana".
A oposición di que o Goberno comeza a recoñecer algunhas eivas no sistema sanitario, pero segue falando de recortes en orzamentos e persoal. Feijóo negouno con datos oficiais e insistiu en que están estudando reformas na Atención Primaria. Ao presidente da Xunta sorprendeulle especialmente a acusación feita polo voceiro de En Marea. Luís Villares di que no Sergas se diagnostican máis tarde as mulleres ca os homes.