Feijóo defende a estabilidade económica de Galicia
O presidente do PP de Galicia comezou e rematou este martes de precampaña na provincia de Ourense. Á tarde, café concorrido no Pereiro de Aguiar para facer balance cos veciños dos investimentos da Xunta no concello en servizos públicos e para impulsar o emprego.
"Imos poñer en marcha unha aldea modelo para recuperar terras abandonadas e subvencionamos solo industrial para que as empresas se instalen no Pereiro de Aguiar".
Á mañá, nun encontro con asociacións da cidade de Ourense, Alberto Núñez Feijóo, defendeu a política que xera unidade e estabilidade e dixo que o PP fala facendo.
"Non lles oculto a miña preocupación pola deriva fiscal e laboral que estamos observando nas políticas estatais, pero hoxe hai 45.000 parados menos que cando chegamos ao Goberno".