CRTVG

Buscar

Feijóo reprocha ao Goberno que anuncie proxectos con fondos da UE sen avaliar todos

Publicado o 05/03/2021 13:35

"España é o segundo país construtor de automóbiles da Unión Europea, polo tanto, entendemos e valoramos calquera tipo de iniciativa. Agardo que o Goberno manteña as mesmas posibilidades para outras comunidades autónomas, onde temos un sector da automoción de enorme pegada. Sorpréndenos que antes de pechar as iniciativas con fondos europeos para o automóbil xa teñamos un anuncio dun proxecto apoiado polo Goberno", dixo Alberto Núñez Feijóo, en referencia á fábrica de baterías eléctricas anunciada para Cataluña.

O presidente da Xunta espera que sexa unha excepción e non a regra e que o Goberno central respecte minimantente os prazos de presentación e a comptencia entre proxectos. Espérao para a automoción galega e para a cadea mar-industria, que hoxe presentou sete proxectos que optan a 550 millóns de euros en fondos europeos Next Generation.

"Son proxectos que buscan a integración de iniciativas agro-mar indistria, a colaboración entre as grandes empresas e as PEME galegas e que supoñen que 550 millóns de investimento e mil postos de traballo novos no sector", explicou o presidente. Estas sete candidaturas van desde proxectos de eficiencia enerxética ata rastrexabilidade, mesmo na venda en liña.

 

Noticias web

05/03/2021