CRTVG

Buscar

Feijóo cre que o Goberno deixa sen alternativas coa fin do estado de alarma

Publicado o 07/04/2021 16:54

A partir do 9 de maio, as decisións das comunidades autónomas para frear os contaxios, como os peches perimetrais ou de negocios e toques de recollida, poderían ser anuladas polos tribunais de xustiza autonómicos, avisa Feijóo, que pide unha reunión de presidentes para acordar co Goberno central un manual de actuación común tras o estado de alarma.

Pola falta dese protocolo común, o presidente defende a necesidade de lei galega de saúde. Feijóo di que agarda que o Goberno non presente o recurso de inconstitucionalidade antes de sentar coa Xunta para analizar o texto.

Varios xuristas din que sen estado de alarma as comunidades autónomas non poderían pecharse á entrada de visitantes no verán.

Noticias web

07/04/2021