CRTVG

Buscar

Feijóo cre que cos datos actuais poden aliviarse as restricións en xuntanzas

Publicado o 24/05/2021 15:59

Este martes hai nova reunión do comité clínico, e sobre a mesa estará a posibilidade de ampliar as reunións de non conviventes, que agora están limitadas a catro persoas no interior e a seis en exteriores.

Alberto Núñez Feijóo avanza que podería haber unha relaxación das restricións porque xa hai datos do impacto da apertura na hostalería que comezou a principios de mes.

"Xa temos un período epidemiolóxico completo e avaliaremos a ampliación de grupos tanto en interior coma en exterior; e tamén iremos avanzando nun lecer ao aire libre con máis xente. Refírome ás verbenas e aos concertos", dixo o presidente da Xunta.

Noticias web

24/05/2021