CRTVG

Buscar

Feijóo busca co Goberno central manter a folla de ruta para lograr a venda de Alcoa

Publicado o 09/10/2020 15:35

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, vaise poñer en contacto co Goberno central esta tarde. Xunto con este anuncio, Feijóo dixo que confiaba en seguir traballando coa mesma folla de ruta para lograr a venda da factoría e que se manteña o emprego.

"Estamos traballando conxuntamente. Esta tarde, tras o Consello de Ministros, imos contactar coa vicepresidenta cuarta, e esperamos seguir coa nosa folla de ruta. Recurso fronte a un ere que consideramos fraudulento, medida cautelar ante o xulgado para que non se apaguen as cubas e seguir para conseguir unha venda concreta e delimitada desa factoría ao comprador, que o hai, e que está disposto a operar a fábrica e seguir producindo aluminio mantendo o emprego", dixo o presidente da Xunta de Galicia.

Noticias web

09/10/2020