Feijóo confirma que o cambio de horarios na hostalería xa se aplicará esta noite
Publicado o 21/05/2021 16:27
Desde hoxe mesmo as taperías e os mesóns que cumpran as normas sanitarias poderán abrir ata a unha da madrugada, igual que xa fan os restaurantes.
Ao longo da xornada de hoxe publicaranse as normas para ampliar o horario, que ata o de agora tiñan limitado ata as once da noite. O presidente da Xunta confirmou que, en canto se publiquen, entrarán en vigor de forma inmediata.