Feijóo lamenta o "limbo legal" e confía no aval da xustiza ás normas galegas
Desde a medianoite do sábado ao domingo estarán prohibidas as xuntanzas entre non conviventes entre a unha e as seis da mañá, sempre que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non o invalide. O presidente da Xunta cre que a esta medida non lle presentará recurso o tribunal. "Construímos un sistema transitorio que nos permite velar epidemiolóxicamente durante a madrugada e que non afecta, polo menos dende a nosa opinión, de forma contundente e directa contra os dereitos fundamentais, como é un toque de queda".
Alberto Núñez Feijóo lamenta a incerteza coa que as comunidades comezan esta nova desescalada sen o amparo do estado de alarma nin unha lei común para toda España. "Obríganos a unha cogobernación totalmente atípica entre os presidentes autonómicos e os dos tribunais de xustiza das dezasete comunidades. É moi difícil actuar con menos diálogo e máis irresponsabilidade".