CRTVG

Buscar

Feijóo condiciona a inmunización dos adolescentes antes do comezo do curso a que cheguen as vacinas

Publicado o 21/06/2021 16:24

O Sergas prevé vacinar toda esta semana unhas 240 mil persoas, segundo Alberto Núñez Feijóo, que dixo que lles gustaría empezar co colectivo de mozos antes da volta ás aulas. O presidente da Xunta demanda vacinas para poder facelo.

Feijóo sinalou que se as vacinas chegan, o Sergas vacinará aos estudantes antes de que comece o curso lectivo, e que de non ser así será porque non hai "vacinas suficientes para poder facelo antes". De como vaian chegando e de cando se poderá vacinar irá informando a Xunta en tempo e forma pero, mentres, o presidente pediu prudencia "nas súas condutas sociais e individuais" a quen aínda non foron chamados para recibir a súa dose.

Noticias web

21/06/2021