Feijóo comparecerá a semana que vén no pleno para informar sobre a evolución da terceira onda
Publicado o 19/01/2021 18:08

O presidente da Xunta comparecerá a semana que vén no Parlamento para informar da evolución da terceira onda da pandemia en Galicia. A comparecencia, que substituirá a sesión de control ao Goberno foi solicitada polo BNG e apoiada polos grupos socialista e popular.
Feijóo tamén dará conta da campaña de vacinación contra o coronavirus e das axudas aos sectores máis afectados. A oposición pediralle medidas máis contundentes para dobregar a curva como un confinamento de quince días ou o reforzamento da atención primaria e dos rastrexadores.