CRTVG

Buscar

Feijóo celebra a decisión do Constitucional sobre a Lei de saúde de Galicia

Publicado o 26/07/2021 15:58

O Tribunal Constitucional pronunciouse sobre a Lei de saúde de Galicia. Levantou a suspensión de todos os artigos agás un, polo que o executivo galego comezará a aplicala. Para o presidente da Xunta, esta sentenza demostra que o Goberno central se equivocou ao non impulsar unha lei de pandemias.

"Non foi menor que se lle recoñeza ao Parlamento galego e, en consecuencia, ao Goberno galego, que acertou lexislando a lei, que acertou nos límites constitucionais e que podemos e debemos facer porque temos competencias en materia de saúde pública", dixo Núñez Feijóo en Caldas de Reis, e sinalou que á Xunta non lle preocupa "en absoluto" que o Constitucional continúe vetando a posibilidade de vacinación obrigatoria porque, asegurou, non é o que pretende a lei galega.

Segundo Núñez Feijóo, co auto do Constitucional "unha vez máis se veu acreditar que é necesario facer unha lei de pandemias" e demóstrase que Galicia está "nun suposto de discriminación" fronte a outras comunidades autónomas "que fixeron unha lei similar ou copiaron á galega e que non foi recorrida".

 

Noticias web

26/07/2021