CRTVG

Buscar

Feijóo carga contra os indultos a quen "seguen ameazando e humillando as institucións do Estado"

Publicado o 21/06/2021 20:34

O líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou contra os indultos aos líderes políticos cataláns do 'procés', quen "seguen ameazando" e "seguen humillando as institucións do Estado". En declaracións aos medios este luns en Ourense antes de participar na xunta directiva provincial do PP, Núñez Feijóo insistiu en que os indultos "van ser un erro porque non se dan as condicións para aprobar nove indultos a nove políticos saltando por riba do Tribunal Supremo, a Fiscalía Xeral do Estado, saltando toda a práctica anterior de indultos".

"É unha actitude tan chulesca que é impropio dunha democracia como España pedir aos indultados que acepten os indultos, e a resposta que recibimos dos presuntos indultados é máis chantaxe, máis humillación e máis soberbia", prosegue nos seus reproches. O líder dos populares galegos advertira que non se daban as condicións para esta medida, pero, "a medida que vai pasando o tempo, xa se acredita que se está nun suposto de erro grave do Goberno".

"O Goberno pode rectificar, a min gustaríame que o fixese; pero dáme a sensación que a lexislatura de Pedro Sánchez depende, xustamente, dos indultados e eles sábeno, por iso os chantaxean antes do indulto, durante o indulto e temo que posteriormente tamén despois do indulto", opina o líder dos populares galegos.

Noticias web

21/06/2021