CRTVG

Buscar

Feijóo avanza que varios concellos incrementarán as restricións, entre eles Ourense

Publicado o 20/07/2021 15:36

O presidente da Xunta di que en Galicia non hai risco de colapso nos hospitais cos datos actuais, pero que preocupa o aumento de contaxios e ingresos e por tanto hai que tomar novas medidas. Alberto Núñez Feijóo xa avanza que concellos coma o de Ourense van subir o nivel de restricións e que o comité clínico desta tarde vai analizar novas condicións para a hostalería en zonas de risco e límites ás reunións privadas.

Preocupa a eclosión de contaxios nos galegos de 15 a 30 anos para os que aínda non hai vacinas, di Feijóo. O presidente da Xunta volve pedirlles ás policías colaboración para evitar os botellóns e aos mozos un último esforzo dunhas dez a doce semanas. Afirma que entende a decepción dos máis novos pola falta de doses para eles.

O caso é que hai que frear os contaxios, e para iso o comité clínico estudará esta tarde novas medidas. Entre os asuntos que analizarán os expertos está a posibilidade de facer obrigatoria a recomendación de non facer reunións de máis de seis persoas en interiores e dez ao aire libre, para o que se necesitaría o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O comité clínico tamén estudará pedir tests negativos ou certificados de vacinación na hostalería en zonas de alta incidencia para evitar pechar os locais.

Noticias web

20/07/2021