CRTVG

Buscar

Feijóo avanza que a Xunta prepara unha baixada de impostos autonómicos

Publicado o 23/06/2021 21:07

A Xunta prepara unha rebaixa dos impostos autonómicos para axudar á reactivación económica. A redución enmarcarase no diálogo aberto polo Goberno Central coas comunidades autónomas, pero Alberto Núñez Feijóo coida que é o momento de baixar impostos en vez de subilos como proxecta a Moncloa.

"Este momento é o momento de baixar impostos e, si, estamos formulando unha rebaixa dos impostos autonómicos... Tanto o imposto de transmisións, o impostos de actos xurídicos documentados, o imposto de sucesións, o imposto de doazóns e o imposto de patrimonio teñen que ter unha orientación á baixa. Imos construír unha proposta fiscal que, por suposto, valoraremos no contexto de negociación que neste momento está aberto no noso país, pero xa lles anticipo que o que está aberto no noso país non é unha redución de impostos, é un incremento de impostos".

Noticias web

23/06/2021