CRTVG

Buscar

Feijóo: "Aumentaremos a atención presencial en primaria co avance da vacinación"

Publicado o 11/06/2021 15:10

A medida que vaia avanzando a vacinación, tamén irán aumentando as consultas presenciais na Atención Primaria. Así o afirmou hoxe o presidente da Xunta na visita ao novo centro de saúde de Melide.

Alberto Núñez Feijóo explicou que este centro é un exemplo do novo modelo de atención primaria que quere poñer en marcha o Sergas, con programas de hábitos de vida saudables e plans de prevención de enfermidades e respostas personalizadas en cada concello.

"Seguiremos incrementando a presencialidade dos médicos e do persoal de atención primaria a medida de que imos tendo unha porcentaxe de vacinación ampla tanto na poboación xeral como adolescente. Melloraremos as axendas, a calidade desas axendas e reorganizaremos a capacidade do corpo administrativo, de enfermería e do persoal facultativo", dixo o presidente.

Noticias web

11/06/2021