CRTVG

Buscar

Feijóo aposta por dar facilidades ás empresas para evitar deslocalizacións

Publicado o 03/03/2021 16:11

Once empresas mercaron xuntas dezaoito parcelas no polígono industrial de Mos para abaratar custos. O presidente da Xunta participou na colocación da primeira pedra da obra, que abrangue 25.000 metros cadrados e un investimento de once millóns de euros.

O proxecto ten unha bonificación no prezo do solo de 900.000 euros e vai consolidar 300 empregos. Alberto Núñez Feijóo dixo que é importante darlles facilidades ás empresas, especialmente as da comarca de Ferrolterra e aso dos concellos próximos a Portugal para evitar a deslocalización.

Noticias web

03/03/2021