CRTVG

Buscar

Feijóo apela á prudencia ante a retirada da máscara en exteriores

Publicado o 25/06/2021 13:38

O presidente da Xunta volveu hoxe facer un chamamento á responsabilidade na véspera de que o uso de máscaras en exteriores deixe de ser obrigatoria en toda España.

"A pandemia non rematou, porque non temos vacinas para todos e, polo tanto, ata o outono probablemente teñamos que seguir con este tipo de cautelas. A partir de aí, entendo que cada comunidade autónoma en función da súa situación recomendará o uso da máscara con maior ou menor intensidade; pero no rural e nos espazos abertos non é necesario xa o uso da máscara. Pero, insisto, en canto atopemos persoas coas que non poidamos gardar distancia de seguridade, a máscara segue a ser moi, moi importante", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

25/06/2021