CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia unha nova estratexia de dinamización turística para as comarcas vitivinícolas

Publicado o 21/07/2021 21:04

A Xunta vai presentar para a semana unha estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas. Anunciona Alberto Núñez Feijóo na entrega dos premios de catas que, nesta edición, recaeron na adega Petrón da Ribeira Sacra na categoría de mellor tinto e na de Pazo de Rubianes, da D. O. Rías Baixas, na de mellor branco. O xefe do Goberno galego explicou que é unha iniciativa conxunta co sector para mellorar a calidade, a comercialización, a remuda xeracional e o turismo.

"Imos presentar unha estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas; porque unha comarca vitivinícola non é só un lugar onde se produce bo viño, é un lugar que ten capacidades de atracción desde o punto de vista turístico, é un lugar onde se vertebra o territorio e é un lugar que ten unha potente actividade económica", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Noticias web

21/07/2021