Feijóo, ante o impago da débeda: "Prefiro incumprir o déficit a facer recortes"
Do bloqueo político e financeiro falou o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo acusa a Pedro Sánchez de querer contaxiar ás autonomías o caos que existe no Goberno central.
A asfixia financeira ás comunidades xa se fai notar no tecido empresarial. En toda España empezan a atrasarse os pagos. Galicia, aínda así, está entre as que máis rápido pagan, xunto coas illas Canarias e as Baleares. Aquí págase en algo máis de 13 días. Cataluña está no grupo das que máis demoran os pagos, máis de 46 días. E Valencia é a que garda máis facturas no caixón. Tarda en pagar 53 días de media. A media en España está en 36.
Nas últimas horas tamén escoitamos a opinión do Círculo de Empresarios sobre a situación política. Prefiren que se repitan as eleccións antes que un goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos.