CRTVG

Buscar

Feijóo agarda que Sánchez rectifique e convoque unha conferencia de presidentes

Publicado o 22/04/2021 15:01

Un dos mandatarios autonómicos que reclamou unha conferencia de presidentes para falar dos instrumentos xurídicos tras o estado de alarma foi Alberto Núñez Feijóo. O presidente da Xunta espera que Pedro Sánchez rectifique e convoque esa reunión de presidentes.

"Sería bastante prudente reunirse para deseñar que imos facer entre todos despois de levantar as restricións, de que non poida haber toque de queda nin peches perimetrais. Sopréndeme e espero que o presidente rectifique, porque se os presidentes autonómicos quremos falar co presidente, o lóxico é que o presidente fale con nós. Porque o que sabemos é que, de momento, o Goberno de España vai seguir sen xestionar a pandemia", dixo Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

22/04/2021