CRTVG

Buscar

FC Porto - Paços de Ferreira e Rennes - PSG na oferta deportiva da G2 esta fin de semana

Publicado o 02/10/2021 13:57

A Liga portuguesa incorpórase á oferta da G2 para esta fin de semana. E faino desde o estadio do Dragao para ofrecerlles as dez da noite o encontro de rivalidade entre o Porto e o Paços de Ferreira. Ou o que é o mesmo, entre o segundo e o oitavo clasificado do Campionato.

O Porto chega ferido pola goleada sufrida ante o Liverpool na Champions, pero cunha marcha inmaculada na Liga onde non perdeu ningún partido e na que está a deixar xoias como este golazo do iraní Taremi. Ou estoutro de Sergio Oliveira, ex xogador do Paços.

Un Paços que leva catro xornadas sen perder e que conta con xogadores da categoría de Nuno Santos, cedido polo Benfica, o máximo goleador do equipo.

 Mentres tanto, mañá, á unha da tarde, o líder París Saint Germain visitará Roazhon Park para enfrontarse o Rennes. O equipo chega nun gran momento de forma tralas dúas últimas vitorias ante o Montpellier e o Manchester City. Messi xa volveu e Mbapé e Neymar falaron e resolveron os seus problemas.

Enfronte terá un rival que nas últimas temporadas lle creou moitas dificultades no seu estadio. Logo da marcha de Camavinga o Real Madrid, o equipo reforzouse co ghanés Soulemana, un dianteiro que está a causar sensación, polo que pagaron 15 millóns de Euros e co que pretenden dar un triplo salto mortal. 

Noticias web

02/10/2021