Fátima recupera os peregrinos nunha das xornadas máis importantes no país luso
Publicado o 13/05/2021 15:37
Portugal vive hoxe unha das xornadas máis importantes no país, a peregrinación a Fátima. É a segunda en pandemia e desta volta si permitiron a entrada aos fieis, pero coa ocupación moi limitada.
Deixaron pasar, pero case simbolicamente, porque está permitida a entrada a 7.500 peregrinos nun día en que habitualmente, atendan, chega a haber entre 150 e 200 mil persoas. Na esplanada do Santuario debuxáronse uns círculos onde se colocou cada familia ou grupo que tivo a sorte de dar entrado antes de que se encha a ocupación permitida e que agora atenden á última misa da mañá. No país das 3 efes, fútbol, Fátima e fado, esta celebración descafeinada pola pandemia tomouse con verdadeira tristura.