Farmacias e clínicas dentais de Madrid, listas para facer tests de antíxenos
Publicado o 01/02/2021 17:02
As farmacias deben cumprir uns resquisitos mois estritos. Ventilación natural, forzada, filtros EPA, formación específica para os farmacéuticos, unha zona que non sexa de paso e separación entre os cidadáns que vaian facer os test e o resto de clientes da farmacia.
Unha medida que Madrid reclamaba dende hai tempo e que dende o sector cren que vai axudar á detección precoz de contaxios e por tanto a controlar antes a pandemia. Como as farmacias, tamén as clínicas dentais poderán realizar este tipo de probas que serán de balde para os cidadáns.
No caso das farmacias queren ir un paso máis. Que se lles permita a venda de tests para que os cidadáns se poidan autodiagnosticar.