CRTVG

Buscar

Fai 60 anos da construción do muro de Berlín

Publicado o 13/08/2021 12:43

En Berlín hoxe lembran o 60 aniversario da construción do muro que dividiu a cidade en dous durante case 30 anos. Foi un 13 de agosto de 1961 cando comezou a construción do coñecido como "muro da vergoña".

A cidade de Berlín lembrou os que morreron xunto ao muro e o sufrimento que causou a división da cidade. No acto, fíxose unha chamada a manter viva a lembranza para que as xeracións máis novas non esquezan o acontecido.

Noticias web

13/08/2021