CRTVG

Buscar

Fanse 120 anos do nacemento de Alfred Hitchcock, mestre do cinema

Publicado o 12/08/2019 10:35

A ducha, o coitelo e o hotel, os paxaros na vila costeira, as fiestras e os prismáticos, as escaleiras e as costas de San Francisco, o avión entre os campos de trigo e o monte Rushmore,... son múltiples as imaxes ás que chamar, coñecidas por todos malia que non viras os seus filmes. Mestre do entretemento, coa manía de aparecer brevemente neles e sostedor do famoso alcume de mago do suspense.

O director británico apostou por historias enrevesadas, investigou na psique dos seus malos, aliouse con Saul Bass para establecer tendencia con algúns dos mellores créditos da historia do cine e deixou ben marcada a súa obsesión polas mulleres de cabelo louro, nun trato máis que discutible.

Nunca levou o Óscar e a cinefilia só o comezou a considerar tras a súa entrevista con Truffaut no 1962. Sexa como sexa, Hitch foi un cineasta único e sempre recomendable.

Noticias web

12/08/2019