CRTVG

Buscar

Familiares e amigos despiden a Mónica Marcos en Cambre

Publicado o 17/09/2021 21:32

Familiares e amigos despediron esta tarde a Mónica nunha cerimonia íntima no cemiterio de Anceis, en Cambre. Dende que se coñeceu a noticia do seu asasinato, sucedéronse na Coruña as concentracións de repulsa contra este crime machista. A última tiña lugar ás oito desta tarde na praza de María Pita.

Centos de persoas protestaron esta tarde na praza de María Pita pola asasinato machista de Mónica Marcos. Unha concentración de repulsa que é un suma e segue. Porque xa son ducias os actos programados estes días en repulsa por este crime. A Coruña está conmocionada pola perda dunha muller á que todos querían.

Veciños e amigos van enchendo a porta da panadería que rexentaba con flores, candeas e mensaxes de cariño. A Plataforma pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero do barrio do Castrillón colocou un lazo morado na praza Pablo Iglesias.

Para esta fin de semana hai convocados actos de protesta en numerosas vilas galegas.

Noticias web

17/09/2021