Familia e amigos de Nerea Añel, desaparecida a noite de Reis, piden que non se esqueza o caso
Publicado o 22/07/2020 13:59
Belén Vázquez busca desesperadamente e dende hai seis meses a súa filla de 27 anos, Nerea Añel.
A última vez que estivo coa súa filla foi na cea de Reis. Mantiñan a miúdo contacto telefónico e foi o 5 de febreiro, cando levaba días sen poder falar con ela, cando presentou a denuncia. A Policía Nacional rastrexou axudada con cans e drons os lugares que Nerea, que tiña problemas coas drogas, frecuentaba.
Familia e amigos barallan organizar unha manifestación para que o caso de Nerea Añel non se esqueza.
A Policía Nacional de Ourense segue buscando, de momento sen resultados.