CRTVG

Buscar

Falsos traballadores da luz rouban persoas maiores

Publicado o 31/07/2020 15:02

Teñan moito ollo! Van roubar presentándose moi amablemente nas casas e identificándose como traballadores dunha compañía eléctrica.

E co asunto da rebaixa na factura e con moita leria despistan, mentres outro descoñecido remexe o dormitorio ata dar coa carteira.

Isto ocorreu onte mesmo en Couso, no concello limiao de Sandiás. E antes de fuxir os delincuentes intentaron roubar noutra vivenda.

As forzas de seguridade advirten as persoas maiores de que non se confíen e que extremen as precaucións.

A Garda Civil anda á procura destes desapiadados estafadores. Sospeita que son os mesmos que hai unha semana lle roubaron a pensión a un veciño maior e con pouca mobilidade que tamén vivía só.

Noticias web

31/07/2020