Falece Kirk Douglas aos 103 anos, unha das últimas lendas da idade dourada de Hollywood
• A noticia comunicouna un dos seus fillos, o tamén actor Michael Douglas
Morreu Issur Danielovitch Demsky, fillo de inmigrantes xudeos de orixe rusa, o home de carne e óso detrás dunha das últimas lendas da idade dourada de Hollywood. Kirk Douglas deixa atrás 103 anos de vida e 60 dedicados ao cinema, os que van desde o seu debut en Hollywood en 1946, no filme "O extraño amor de Marta Ivers", ata a seu último papel na gran pantalla en 2005.
Polo medio máis de 90 películas e personaxes inesquecibles que forman parte da historia do cinema, como Espartaco, o escravo rebelde contra o Imperio Romano, ou coronel Dax en Sendeiros de Gloria, un dos grandes filmes antibelicistas, ambolos dous baixo a dirección de Stanley Kubrik.
O caracter inconformista e rebelde de moitos dos personaxes que interpretou correspóndese coa súa propia figura pública dentro da industria cinematográfica. Asegura que a decisión máis importante da sua carreira foi facer Espartaco, producida por el, co guionista Dalton Trumbo, sinalado como comunista nas listas negras de Hollywood polo Comite de actividades estadounidenses.
En tres ocasións estivo nominado aos Oscar como mellor actor, pero non tivo o recoñecemento da Academia ata 1996, cando lle concederon o premio honorífico a súa carreira. Foise un dos grandes actores da historia do cinema. Chegou o momento de que comece novamente a función.