CRTVG

Buscar

Falecen sete persoas que foran diagnosticadas de coronavirus en Galicia

Publicado o 14/12/2020 20:29
Falecen sete persoas que foran diagnosticadas de coronavirus en Galicia

Sete novas vítimas da covid−19 en Galicia aumentan a 1.319 o número de mortes debidas á enfermidade.

No CHUO falecía un home de 77 anos; no CHUVI, unha muller de 82 anos, e no CHOP, un home de 91 anos procedente da residencia Soremay de Pontevedra. Tamén no HULA falecía un home de 79 anos, no CHUS un de 80 anos e no CHUAC dous homes de 69 e 82 anos.

Tal e como confirma o Sergas, todos eles presentaban patoloxías previas.