CRTVG

Buscar

Falecen seis persoas por covid−19 en Galicia nun día de récord de contaxios

Publicado o 13/01/2021 20:42
Falecen seis persoas por covid−19 en Galicia nun día de récord de contaxios

Sanidade reportou na xornada de hoxe seis novos falecementos por mor da covid−19, que elevan a cifra total a 1.480 mortes desde que deu comezo a pandemia.

Os decesos son os dunha muller de 84 anos no CHUAC, unha muller de 88 anos no hospital HM−Modelo Belén da Coruña, un home de 92 anos na residencia da Pastoriza, un varón de 86 anos no Hospital de Verín, unha muller de 91 anos no CHOP e un home de 100 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo, procedente da residencia Moledo.

Segundo informa o Sergas, todas estas persoas presentaban patoloxías previas.