CRTVG

Buscar

Falecen seis persoas en Galicia nas últimas horas diagnosticadas con covid-19

Publicado o 13/02/2021 20:27

• Este sábado morreu un home de 88 anos, ingresado no hospital de Ourense | Dende o inicio da pandemia faleceron 2.086 persoas na nosa comunidade

Falecen seis persoas en Galicia nas últimas horas diagnosticadas con covid-19

A cifra de falecidos en Galicia polo impacto da covid-19 non deixa de incrementarse. Nas últimas 48 horas son 6 as persoas ingresadas nos hospitais galegos coa infección que morreron.

O día 12 morrían un home de 78 anos no hospital do Salnés, unha muller de 93 anos no CEGADI (procedente da residencia San Xosé de Arzúa), unha muller de 56 anos no Clínico de Santiago e tamén no mesmo centro hospitalario de Santiago un home de 89 e outro de 82 anos.

Este sábado 13 de febreiro faleceu un home de 88 anos ingresado no hospital de Ourense. Con estes decesos son 2.086 as persoas mortas desde o comezo da pandemia en Galicia.