CRTVG

Buscar

Tres persoas faleceron este mércores por coronavirus en Galicia

Publicado o 07/04/2021 20:53
Tres persoas faleceron este mércores por coronavirus en Galicia

Saúde Pública notificou o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con elas, son 2.363 as persoas que perderon a vida por mor da covid−19 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 95 anos no CHUVI, unha muller de 79 anos no CHUF e unha muller de 87 anos no CHOP.

Segundo confirma o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas.