CRTVG

Buscar

Falecen en Galicia dez persoas con covid-19 nun día de baixada nos casos activos

Publicado o 28/12/2020 20:20
Falecen en Galicia dez persoas con covid-19 nun día de baixada nos casos activos

Dez novos falecidos por mor do coronavirus elevan a cifra total de mortes a 1.380 desde o inicio da pandemia. O Servizo Galego de Saúde aclarou que estes novos datos corresponden tamén ao reconto da fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que morreran por causa da Covid.

Os falecidos son unha muller de 84 anos no CHUAC; no CHUS tres mulleres de 77, 87 e 88 anos, así como un varón de 84 anos; un home de 71 anos no CHUF, un varón de 64 anos no Virxe da Xunqueira e unha muller de 73 anos no mesmo hospital, que procedía da residencia DOMUSVI de Vimianzo.

Segundo informa o Sergas, todos eles presentaban patoloxías previas.