Falecen en Galicia cinco persoas que foran diagnosticadas de Covid-19
Publicado o 24/12/2020 20:46

Falecen cinco persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, o que eleva a cifra total de mortes na nosa comunidade a 1.359 desde o comezo da pandemia.
No CHUS falecían dous varóns de 78 e 88 anos, así como unha muller de 81 anos. Unha muller de 77 anos faleceu no CHUF e, no CHUVI, un home de 86 anos procedente do CRAPD Vigo II.
Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todos eles presentaban patoloxías previas.