CRTVG

Buscar

Falecen dúas persoas por mor da covid en Galicia, 2.419 desde o comezo da pandemia

Publicado o 31/05/2021 20:14
Falecen dúas persoas por mor da covid en Galicia, 2.419 desde o comezo da pandemia

Sanidade acaba de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, o número total de vítimas por mor do virus ascende a 2.419 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os falecementos son os dunha muller de 94 anos o día 30 no Hospital Virxe da Xunqueira (Cee) e o dun home de 74 anos o día 31 en Povisa.

Segundo informa Sanidade, ambos presentaban patoloxías previas.